VISITA

Escolares de Amencer achéganse ao Camiño de Santiago e ao termalismo

O programa de actividades arrancará así  cunha visita a ETAP de San Francisco e coñecemento do ciclo urbano da auga

Un grupo de rapaces da Asociación Xuvenil Amencer visitarán mañá, día 10 de novembro, a exposición "Vía Iacobitana", sita no edificio de "La Molinera". Ademais de realizar un percorrido polo espazo, os xoves participarán nunha serie de actividades complementarias programadas por Viaqua e polo Concello de Ourense que teñen como finalidade dar a coñecer o ciclo urbano da auga e poñer en valor o termalismo e o Camiño de Santiago.

 
O programa de actividades arrancará así  cunha visita a ETAP de San Francisco e coñecemento do ciclo urbano da auga, onde un grupo de técnicos lles proporcionarán todas as explicacións. Posteriormente, a vintena de rapaces e rapazas que participarán na visita acudirán ao Centro de Interpretación de As Burgas. Para rematar a actividade, os mozos e mozas acudirán á exposición do Camiño de Santiago en "La Molinera", onde lles brindarán unha explicación histórica e participarán na aula didáctica titulada "aprendendo sobre a auga".

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma