XORNAL ESCOLAR

Escolares de O Couto, apaixoados pola danza

Un grupo de alumnos e alumnas do CPI José García García de Mende leron a prensa ante as cámaras de Telemiño

Bruno do CEIP O Couto latricando sobre a actividade de danza na que participou e dando a súa opinión sobre este xénero artístico.
Bruno do CEIP O Couto latricando sobre a actividade de danza na que participou e dando a súa opinión sobre este xénero artístico.
Escolares de O Couto, apaixoados pola danza

O Xornal Escolar de Telemiño volve a sorprendernos unha semana máis cun amplo abano de propostas. O tema central do programa xirará en torno a actividade que propuxo a Concellería de Educación denominada "En Escena". Seguindo a temática da danza contemporánea, os escolares do CEIP O Couto opinaron sobre esta modalidade. O programa complétase co interesante xogo "Sabías que..." co que os escolares aprenden moitos conceptos interesantes relacionados coa auga.

LATRICAR

Os escolares do CEIP O Couto, tras participar na actividade didáctica de danza contemporánea "En Escena", opinaron sobre a danza, o estilo que máis lle gusta e as súas habilidades á hora de bailar.

LER A PRENSA

Os escolares que leron a prensa foron os alumnos e alumnas do CPI José García García de Mende. Gústalles estar informados e saber o que está a acontecer tanto en Ourense e nas súas parroquias, como no resto de Galicia e España. Len La Región xa que o consideran o xornal máis completo e tamén saben que en máis dunha ocasión saíron nas páxinas do suplemento Xornal Escolar e gústalles moito verse.

AUGAESCOLA

Esta semana e continuando co xogo "Sabías que...?", centráronse nos depósitos da auga que son infraestructuras que se encargan de almacenar a auga potable que posteiormente se distribúe a todos os ourensáns a través da rede de abastecemento. Esta definición tan completa a proporcionaron os expertos Marian e Santi e engadiron que na cidade de Ourense hai 17 depósitos que suman a capacidade de almacenamento de máis de 60 millóns de litros de auga.

AGENDA

A axenda desta semana propón unha divertidísima actividade, patinaxe sobre xeo. Para elo podedes acudir ata o 7 de xaneiro  ao Centro Comercial Ponte Vella.