musical

Escolares do IES Xesús Taboada Chivite presentaron Grease en galego no Auditorio

Ourense. 02-10-17. Local. Actuación no auditorio coa obra Grease en Galego.
Foto: Xesús Fariñas

Os encargados de presentar este fantástico espectáculo foron os escolares do IES Xesús Taboada Chivite de Verín

A Sala Principal do Auditorio Municipal de Ourense acolleu este mesmo luns a representación do Musical Grease en galego. Os encargados de presentar este fantástico espectáculo foron os escolares do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.

Sumaban 115 alumnos sobre os escenario, dos que 24 conformaban o reparto teatral, 40 do coro e os demáis entre coreografía, solistas e na tremoia. Ademais, 20 alumnos se ocuparon dos decorados, 10 profesores do coro e outro grupo de docentes prepararon o guión adaptado e a dirección artística, musical e teatral, traducción de letras, decorado, etcétera.

En definitiva, resultou ser un espectáculo sensacional, no que os escolares de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato foron os verdadeiros protagonistas e os que espertaron numerosos aplausos e ovacións durante os 120 minutos durante os que se prolongou o musical.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar