franciscanas

Os escolares non pensan coa cabicha

20170925095051437_result

O Concello de Ourense está inmerso nunha campaña que ten como finalidade manter unha cidade máis limpa

Desde o mes de xuño, cada venres, o Concello de Ourense puxo en marcha a campaña "A caza da cabicha", que se presenta baixo o lema "Non penses coa cabicha" e ten como finalidade concienciar aos cidadáns do contaminantes que son as cabichas e o importante que é manter unha cidade limpa. Un grupo de voluntarios participan nesta campaña co papel de informadores e educadores ambientais por todos os barrios da cidade, pero tamén se achegan aos centros de ensino para informar tamén aos escolares no contaminantes que son as cabichas xa que son elementos non biodegradables e da unha imaxe moi negativa da cidade. 

O colexio Divina Pastora Franciscanas foi un dos centros aos que acudiu a edil de Benestar Social, Sofía Godoy, cun grupo de voluntarios co fin de dar a coñecer esta campaña entre os escolares e as accións que se están a levar a cabo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma