XORNAL ESCOLAR

Os escolares de Ourense organizan o Estado

photo_camera Algúns dos rapaces premiados recollendo o seu premio.

O concurso que organiza a Subdelagación do Goberno premiou 20 obras de escolares de toda a provincia

Baixo o lema "La organización territorial del Estado" presentouse este ano o concurso  que convoca a Subdelegación do Goberno no que participaron estudantes de toda a provincia de Ourense. Foron un total de 20 obras premiadas de escolares con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

Nun acto celebrado no Auditorio Municipal de Ourense, políticos e autoridades sumáronse aos nenos e mozos para conmemorar os 39 anos da Constitución. Entre os debuxos premiados, destacou unha tarta para celebrar un ano máis da Constitución, un tren  para viaxar todos xuntos ou unha paisaxe na que figuran a Porta de Alcalá, a Ponte Romana de Ourense ou Giralda, entre outras construccións, son algúns dos traballos presentados no concurso.

Ocupando a primeira fila do Auditorio, cada un dos escolares premiados subiu ao escenario para coller o seu premio.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma