GALA

Escolares de Primaria e ESO recibiron os premios do Concurso de Poesía

20180430113402000S

Nesta ocasión, os premiados de Educación Primaria foron co primeiro premio Jonas Navarro, do CEIP de Prácticas; co segundo premio, Aroa Deus Do Campo, do CEIP A Ponte; e co terceiro premio, Alicia Domínguez e Sara Arias, do CEIP Julio Gurriarán

O salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense acolleu a gala de entrega dos premios do VII Concurso de Poesía para alumnos e alumnas de Primaria e ESO da provincia de Ourense. Este acto estivo organizado polo Círculo Poético Ourensán e contou coa participación dos numerosos premiados que acudiron á cita acompañados pola familia. Durante o acto, fíxose entrega do libro Sentimentos na Escola, que inclúe as poesías finalistas da edición anterior do concurso. 

Nesta ocasión, os premiados de Educación Primaria foron co primeiro premio Jonas Navarro, do CEIP de Prácticas; co segundo premio, Aroa Deus Do Campo, do CEIP A Ponte; e co terceiro premio, Alicia Domínguez e Sara Arias, do CEIP Julio Gurriarán.   

Na categoría de galardoados de ESO, o primeiro premio foi para Daniel Meno, de Maristas; o segundo premio foi para Angelo Joel Fernández, do IES Blanco Amor; e o terceiro premio foi para Iago Tunas, de Maristas, e María Rey do IES Blanco Amor. Noraboa a todos os escolares premiados.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar