XORNAL ESCOLAR

Escolares reivindican bosques verdes

20171017104616546_result
photo_camera Cada alumno achegouse á árbore co se correspondente folio verde.

Alumnos de Seixalbo participaron nun acto simbólico co que amosaron a súa máis firme repulsa polos incendios

Os incendios que asolaron estes días os montes galegos non deixaron a ninguén indiferente e os nenos sumáronse as reaccións. Este foi o caso dos escolares do CEIP de Seixalbo que non podían, nin querían permanecer impasibles ante tales feitos.

Deste xeito, cada titor na súa clase repartiu folios en branco, a metade das aulas pintaban os folios de negro e a outra metade de cor verde. Despois xa no patio debuxaron unha árbore de grandes dimensións e romperon os folios negros, xa que non queren bosques queimados, e os folios verdes os colocaron na árbore, reivindicando así os bosques que queren, verdes e fermosos.  

Esta iniciativa sumouse a moitas outras que realizaron nos centros de ensino coas que queren amosar a súa repulsa polos incendios que estes días invaden os nosos bosques.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar