HIPERACTIVOS

Os escolares sumáronse á campaña do Domund

20161025100816218_result
photo_camera Mesa informativa do Domund 2016

integrantes de Amencer e alumnos de Salesianos e Carmelitas, recaudaron cartos e informaron sobre o domingo das misións

Esta pasada fin de semana e con motivo da Campaña do Domund, domingo mundial das misións, celebrada o día 23 de outubro, escolares do colexio Carmelitas, de 5º de Primaria, saíron á rúa para recaudar cartos para esta campaña e colocaron  unha mesa informativa na rúa do Paseo. O obxectivo, ademais tamén era informar a todos os viandantes do que é o Domund, cuxo lema nesta edición foi "Sal de tu tierra". 


Na actividade tamén participaron noutro rincón de Ourense, concretamente na rúa do Progreso, mozos e mozas dos grupos Saltimbanqui, Andaina, ADS e alumnado do colexio Salesianos e de Amencer, que acudiron acompañados por animadores e animadoras e profesores e profesoras do centro.


A xornada foi todo un éxito xa que os ourensanos volveron a demostrar que cando se trata de axudar aos máis necesitados son os primeiros en colaborar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?