XORNAL ESCOLAR

Os escolares de Verín implícanse na vida pública do municipio

20180416100409546_result

Os menores tiveron a oportunidade de expoñerlle ao alcalde multitude de peticións variadas

Máis de 120 alumnos e alumnas de Primaria e 1º de ESO dos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron no Pleno Infantil, convocado no Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.  Os valores e a conservación ambiental, a reciclaxe e a prevención de incendios foron os eixos temáticos sobre os que versou a sesión plenaria. Durante a sesión, presidida polo alcalde, Gerardo Seoane, o  tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, e a concelleira de Cultura e Educación Emilia Somoza, os nenos e nenas formularon preguntas e propostas sobre estas temáticas e os proxectos que se están a levar a cabo en Verín.

Ao finalizar o evento, os menores tiveron a oportunidade de expoñerlle ao alcalde multitude de peticións variadas, tales como: implementar novos carrís bici, a construción dun spa, unha nova depuradora, un circuíto de karts, un centro comercial, máis aparcadoiros para camións ou unha sala de recreativos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?