XORNAL ESCOLAR

Escolares de Xinzo opinan sobre a vida dos monxes

20180409125348468_result
photo_camera Santi e Marian, de Viaqua, propoñen unha nova edición do xogo-educativo "Sabías que?".

Alumnado do CEIP O Couto participan na sección "Ler a prensa" onde comentan as novas máis salientables do Xornal Escolar

O Xornal Escolar de Telemiño chega unha semana máis cargado de contidos. Por unha banda, Conchi e o seu equipo desprazáronse a San Pedro de Rocas para participar cos escolares do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, no programa Coñece Ourense, promovido pola Deputación Provincia de Ourense. Foi unha experiencia fantástica onde os escolares coñeceron un recuncho máis da provincia de Ourense dun xeito moi ameno. 
de


Prensa


A sección ler a prensa da semana corre a cargo dun grupo de nenos e nenas do CEIP O Couto que se encargarán de dar conta das novas máis salientables da semana. Para elo empregaron exemplares do Xornal Escolar de La Región, onde se recollen as principais actividades educativas dos centros de ensino da provincia. Os nenos e nenas leron aquelas novas que máis lles chamaron a atención e non perderon a oportunidade que lles brindaron para comentalas e dar a súa opinión sobre distintos temas. 


Latricar


Foi no Mosteiro de San Pedro de Rocas onde os escolares do IES Cidade de Antioquía se encargaron de opinar para a sección Latricar do Xornal Escolar de Telemiño. Os escolares quixeron opinar sobre a vida dos monxes, o que opinan e se eles lles gustaría levar unha vida como a dos monxes. Con moita simpatía e como se fosen auténticos expertos da comunicación, os escolares opinaron e a variedade de discursos farán desta sección un bloque do máis divertido do programa que non vos podedes perder.


Augaescola


A sección que cada semana chega da man de Viaqua, AugaEscola, retoma nesta ocasión o xogo educativo "Sabías que?", no que un grupo de nenos e nenas, nesta ocasión do Colexio Divina Pastora "Franciscanas" se encargan de definir diversos conceptos relacionados coa auga. Os expertos de Viaqua, Marian e Santi, piden a opinión dos escolares sobre diversos termos e son eles os que os definen como mellor saben. Posteriormente, os expertos de Viaqua son os encargados de correxilos se é necesario e explicar cada termo. Nesta ocasión falaron do números de analíticas realizadas en potables en Ourense nun ano para garantir a calidade da auga suministrada. Nun ano normal, realízanse 600 analíticas (606 para ser exactos) con máis de 7.000 parámetros (7.300 para ser exactos).

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma