Estreita colaboración con Stop Accidentes

Voluntarios de Stop Accidentes visitaron o CPI José García García para impartir charlas sobre normas de circulación

Os alumnos coincidiron en sinalar o froitífera que foi esta actividade educativa.
Os alumnos coincidiron en sinalar o froitífera que foi esta actividade educativa.
Estreita colaboración con Stop Accidentes

No CPI José García García de Mende adicaron unha semana a actividades relacionadas coa mobilidade. Primeiro se centraron nos deportes adaptados e outro día recibiron a visita dun grupo de voluntarios do colectivo Stop Accidentes, entre os que se atopaba a Secretaria en Galicia e Delegada de Asuntos Internacionais de Stop Accidentes, Jeanne Picard Mahaut.

O CPI José García García colabora con esta ONG dende o pasado curso e nesta ocasión os voluntarios acudiron ao centro para impartir unhas charlas sobre normas de circulacións. Para que o tema resultara máis ameno, recurriron a diapositivas, exemplos prácticos e a participación activa de todos os escolares. Por turnos, os voluntarios foron percorrendo todas as aulas do centro aportando claves para que os alumnos e alumnas saiban que facer para evitar accidentes.

A seguinte actuación chegará no terceiro trimestre do curso. Nese momento volverán a participar coa ONG Stop Accidentes en interesantes obradoiros que serven para concienciar da importancia de contar con coñecementos sobre educación vial e, o que é máis importante, levar a cabo accións correctas que poden chegar a salvar vidas.