COLEXIO DIVINA PASTORA

Estudantes comprometidos

20170202182927630

Un dos obxectivos do colexio divina pastora é formar homes e mulleres abertos ao mundo, aos seus retos e ás súas necesidades

En moitas ocasións facemos referencia, no Xornal Escolar, á calidade do gran traballo realizado no colexio Plurilingüe Divina Pastora, Franciscanas. A súa identidade defínese como familia, unha familia comprometida coa calidade educativa e a formación de persoas implicadas coa súa contorna e coa sociedade. Falar da familia Franciscana é entrañable, significa crear raíces que permiten crecer superando as dificultades e afianzando o esencial.

Catro eixes vertebran a proposta educativa desta familia : o bilingüismo, a innovación, a pastoral e a confianza. Ofrecen unha educación integral dende o punto de vista individual e social que os compromete a desenvolver conciencia ambiental e de axuda social. Destacan no seu día a día: ser solidarios e ser ecoloxistas. Buscan e perseguen: educar para ser, dous valores moi Franciscanos. Coidar das persoas e coidar do medioambiente é unha aposta forte do colexio para o futuro e para o presente. Para ser solidario e ecoloxista é preciso educar aos nenos dende pequenos. Cren nestes valores e téñenos presentes en materias como: "Paisaxe e Sustentabilidade" impartida en 2º da Eso e "Voluntariado e Formación relixiosa" en 1º de Bacharelato. 

Ao longo do curso levan a cabo, en todas as etapas educativas, múltiples campañas e actividades destinadas a sensibilizar na xustiza e na solidariedade, nas que participa toda a Comunidade Educativa. Todas contribúen para lograr unha formación integral, relixiosa e transcendental dos alumnos e alumnas, xa que permiten unha maior participación na Comunidade Educativa e desenvolven actitudes e valores relacionados coa cooperación, respecto e convivencia. 
Entre a gran variedade de actividades solidarias que se levan a cabo no colexio, destacamos: Operación Kilabora (800 Kg. de comida), recollida de roupa (400 Kg.) e xoguetes (251 Kg.), visita ao asilo cos grupos Anamo, voluntariado de alumnos e profesores no comedor de Cáritas, colaboración coa asociación protectora de animais (Progape), coa asociación RedMadre (proxecto re-chupete)... Facemos unha mención especial ao proxecto Ladesol (Lazos de Solidariedade), durante os meses de febreiro e marzo recaudan diñeiro con múltiples actividades (festival, películas, punto solidario, venta de bolígrafo…) para axudar aos máis necesitados nas misións Franciscanas noutros países golpeados pola miseria. Os estudantes tamén reciben formación con charlas e cursos sobre o voluntariado con entidades como Cruz Vermella, Asocoación APES, Protección civil …

No colexio Pluringüe Divina Pastora son Ecovixiantes e traballan por ter e deixar un mundo mellor que o que reciben. Os ecovixiantes son moi activos e realizan moitas actividades nas que fomentan o valor do coidado do medioambiente: “O monte é a nosa vida, “Montentérate”, Proxecto Ríos, Clases sen fume, Proxecto Terra, Recíclate con Sogama... No centro educativo tamén reciclan papel, pilas, bolígrafos, tóner, cartuchos de tinta e tapóns. 

O obxectivo é deixar pegada e formar homes e mulleres abertos ao mundo, aos seus retos e ás súas necesidades. No colexio Divina Pastora, Franciscanas forman persoas comprometidas realizando un fabuloso traballo de calidade educativa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma