XORNAL ESCOLAR

Estudantes na cociña

No CEIP Rogelio García Yáñez os estudantes son os protagonistas da súa propia aprendizaxe e son autores da súa historia.

O grupo de escolares de Infantil, do CEIP Rogelio García Yáñez, está inmerso no proxecto "Os estudantes na cociña".
O grupo de escolares de Infantil, do CEIP Rogelio García Yáñez, está inmerso no proxecto "Os estudantes na cociña".
Estudantes na cociña

O comedor escolar tamén é un espazo de aprendizaxe ao longo da etapa educativa. En Educación Infantil a experimentación e a manipulación son moi valiosas porque ofrecen ao alumnado a oportunidade de achegarse a coñecementos da vida que para o desenvolvemento integral do alumnado son imprescindibles e necesarios.  

 Necesitan explorar o seu mundo polo que manipular e investigar é a mellor forma de aprender. Neste centro educativo levan a cabo diferentes proxectos durante todo o curso escolar, nesta ocasión coñecemos o proxecto “Os estudantes na cociña", onde os alumnos/as de Infantil foron os encargados de mesturar ricos alimentos para elaborar saborosos pratos. Os estudantes de 4º, 5º e 6º de Infantil levaron a cabo un divertido e didáctico proxecto educativo na cociña do centro escolar de Ramirás coa finalidades de poñer en práctica diferentes contidos, experimentando con diferentes texturas e xogando cos números. Durante o mes de maio elaboraron pizza, pan e deliciosos doces coa axuda de Alicia, a fabulosa cociñeira do centro educativo.