XORNAL ESCOLAR

Estupenda experiencia televisiva

Telemiño. 21-11-16. Xornal escolar. Programa do Xornal escolar do Colexio de Mende de Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Programa do Xornal escolar do Colexio de Mende de Ourense.

Un grupo de estudantes do cpi josé garcía garcía, acompañados polo seu mestre Luis González Alonso, acudiron ao plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar

Esta semana visita o plató de Telemiño o colexio José García García de Mende. O titor de 4º de Primaria, Luis González acude como concursante ao programa presentado por Conchi Pérez, no que conta coa fantástica colaboración de tres copresentadores de luxo, Julián Gallo, Audrey Noguera y Cristian Page, tres dos alumnos do centro de ensino ourensán.

Antes de comezar coa sección "Que será, será?", onde os escolares lle formulan unha serie de preguntas ao convidado, todos xuntos desfrutaron do video que días antes gravaron no colexio, con motivo da celebración do Magosto.

ADIVIÑAS

Nuns videos que se gravaron no centro, os escolares proporcionaron unha serie de pistas para que o profesor adiviñara de que obxecto estaban a falar. Luis superou a proba con éxito xa que acertou todas as pistas e deu sen problema cos resultados correctos. Boa parte do mérito foi tamén dos alumnos que souperon atinar coas mellores pistas nas distintas descricións. Foi unha actividade sensacional coa que os escolares o pasaron en grande.

LA REGIÓN NAS AULAS

Dende o plató tamén foron testigos dun video que se gravou nunha aula do centro. Nel varios escolares leían o xornal La Región, unha boa costume que lles permite traballar na aula con temas de actualidade e familiarizarse con esta ferramenta didáctica tan importante como é un xornal. Como curiosidade, ademais de ler distintas seccións como Mundo, Deportes ou Local, non dubidaron en acudir pronto á viñera de O Carrabouxo que tanto interés esperta entre os lectores.

RONDA DE PREGUNTAS

Aos escolares lles encanta saber a opinión do seu profesor e por elo durante o programa contan cunha sección para formularlle aquelas preguntas polas que sinten máis curiosidade ou lles inquietan. Deste xeito e ante a atenta mirada dos compañeiros, Cristian, Julián e Audrey lle formularon cadansúa pregunta ao profesor, demostrando así que poden ser fantásticos xornalistas nun futuro.

Cantos alumnos hai no colexio?

Ao redor de 300, pero cada día se incorporan máis. É estupendo.

Cantos patios hai no noso colexio?

Temos un patio cuberto, outro no que estades os máis cativos do centro e outro para o alumnado de Secundaria.

Cantas actividades extraescolares hai este curso?

Temos moitas e moi variadas. As actividades extraescolares son estupendas. Contamos entre outras con ábaco, patinaxe, robótica, baile e xadrez, etcétera.

O programa tamén contou coa visita de Beni Rodríguez, unha enfermeira que tamén se adica a escritura e é a autora do libro "Toro, lembranzas dunha aldea". Foi a alternativa de ocio desta semana no programa, visitar Toro, unha localidade do Concello de Laza chea de encantos de con moito por descubrir.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma