ACTIVIDADES

Estupenda xornada de convivencia no colexio de Cenlle

Escolares do CRA Amencer acudiron ao CEIP Carmen García Carrasco para compartir un día de actividades

Estupenda xornada de convivencia no colexio de Cenlle

Conmemorar todos xuntos e por todo o alto o Día das Letras Galegas. Por tal motivo, os escolares dos tres centros de ensino que conforman o CRA Amencer desplazáronse ao CEIP Carmen García Carrasco para compartir cos escolars de Cenlle unha estupenda xornada de convivencia. Non faltaron os xogos no patio, unha comida de confraternización e momentos de risas e diversión durante toda a xornada.

Ademais, recibiron unha visita moi especial que a bo seguro non esquecerán, Pepe Carreiro, o autor de Os Bolechas, acudiu ao colexio de Infantil e Primaria para compartir cos escolares unha interesante charla. Os nenos e nenas estaban encatados de coñecer ao autor dos seus personaxes animados preferidos que compartiu con eles decenas de anécdotas. 

A xornada de convivencia foi un éxito e a bo seguro repetirán este tipo de experiencias que resultan do máis frutíferas.