ACTIVIDADES

Estupenda xornada de Deporte Escolar

20161207194654574_result

Escolares do CEIP Valle Inclán de Muíños competiron en campo a través e disfrutaron dunha xornada de convivencia

O deporte escolar resulta sempre do máis beneficioso, tanto para realizar saudables actividades físicas como para que escolares de toda a provincia compartan estupendas xornadas lúdicas e de convivencia. 


Hai uns días, e como ven sendo habitual cada curso, unha ducia de nenos e nenas de 1º ata 6º de Primaria do colexio Valle Inclán de Muíños se citaron na zona recreativa de O Corgo para competir en campo a través.

Na actividade tamén participaron escolares procedentes de colexios como o de Entrimo, Lobios, Bande, Celanova, Cartelle, O Ruxidoiro de Ourense ou A Meca, entre outros.


O bo tempo sumouse á xornada deportiva que resultou ser todo un éxito, tanto polo bo ambiente que reinaba entre todos os escolares e profesores que acudiron á cita, como polo ben organizada que estaba a competición. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma