Os estudantes do CPI José García García desempeñan un fabuloso traballo con diferentes técnicas
Dirixido polo profesor Xosé Poldras (unha referencia no arte do gravado), os estudantes do CPI José García, de Mende, elixen un texto do libro Vento Ferido de Carlos Casares e realizan un gravado co que lle inspire dito texto. Con esta actividade conseguen unha mellora da lectura comprensiva, un achegamento ao autor Ourensán, unha interpretación emocional dos textos, a expresión artística dunha idea e o coñecemento e utilización das técnicas básicas do gravado.