O CONCURSO DE TELEMIÑO

Estupendos reporteiros

No colexio de Baños de Molgas valoran as capacidades individuais de cada estudante para favorecer o desenvolvemento do alumnado

Estupendos reporteiros

Esta semana o centro educativo de Baños de Molgas visitou o estudio de Telemiño. Todos os estudantes realizaron un estupendo programa acompañados polo mestre de educación física e titor de 5º e 6º de primaria, Juan José Cid Rivas. Ainhoa Bretaña García, Niurka Freixo Ovalle e Hugo Seijas Lorenzo xunto con Conchi Pérez foron os encargados de dirixir este divertido espazo.

ADIVIÑAS 
Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas ao seu mestre, Juan José Cid. Despois de visionar os divertidos videos gravados no colexio, superou con éxito todas as adiviñas.

LA REGIÓN NAS AULAS
Os alumnos len e debaten sobre diferentes temas do periódico La Región e do suplemento Xornal Escolar, unha ferramenta importante nas aulas para estar informados. 

RONDA DE PREGUNTAS
Que dúas cousas levarías a unha illa deserta?
Hai tantas cousas, dende as que che virían ben e as que precisas para non aburrirte. Pero levaría a cana de pescar porque me encanta a pesca e un libro para ler.

Cóntanos unha anécdota graciosa?
Teño varias... Recordo con especial cariño unha das primeiras, cando empecei na ensinanza: nunha escola unitaria, dando clases, un dos máis pequeniños pediume para ir ao servizo eu dinlle permiso pero contestoume que non sabía. Fun co meniño e axudeino pero foi complicado. 

Senón foras mestre que serías?
Sempre me levei moi ben cos nenos, sendo mozo xa estaba rodeado de rapaces. Por sorte gáñome a vida co que máis me gusta. De non ser mestre sería algo que tivese que ver co deporte. A min gústame moito o meu traballo.

Unha experiencia televisiva moi bonita para o centro educativo destacando a gran familia que forman entre todos. 

ALTERNATIVA OCIO
Un espazo con moitas novidades onde cada semana podemos ver unha interesante reportaxe, nesta ocasión coñecemos: "Azucre sí pero con sentidiño" no comedor escolar do colexio Luis Vives. Coñecemos a Arume, empresa de restauración e a Anedia, a asociación de nenos e nenas con diabetes en Galicia que nos deu unha clase maxistral sobre diabetes e hábitos de alimentación saudable. 

No obradoiro de reciclaxe decoraron caixas transferindo imaxe en Ganeda, un centro de actividaes lúdico educativas e coñecemos o grupo Scout Ilex. Xulio López falounos sobre a gran variedade de actividades que realizan. Despedimos o programa co marabilloso son das pandeiretas do colexio Baños de Molgas.