XORNAL ESCOLAR

Europa máis preto

20170216154426888_result
photo_camera Os estudantes de 6ºB, coa súa mestra Elisa,orgullosos do estupendo traballo realizado.

Os escolares de 6ºde Primaria do CEIP A Ponte aprenderon gran cantidade de conceptos da cultura xeral dos diferentes países

Os estudantes de 6ºde Primaria do CEIP A Ponte, coa axuda das súas mestras Elisa García e Purificación Rodríguez, levaron a cabo un proxecto educativo co título “Coñecemos Europa” no que, mediante a aprendizaxe colaborativa, aprenderon gran cantidade de conceptos da cultura xeral dos diferentes países. Con este proxecto fomentan o talento a partir das intelixencias múltiples.

Realizaron unha gran variedade de actividades: situar o país e a súa capital no mapa, coñecer os seus límites e as súas coordenadas xeográficas, o relevo e o clima, a demografía, os sectores de producción, a economía e a súa moeda, o resumo da súa historia, curiosidades, comidas típicas, persoeiros importantes xunto coa súa biografía e tamén realizaron varias maquetas representativas.

Resultou unha experiencia moi interesante xa que os alumnos/as chegaron á conclusión de que, aínda que existen moitas diferenzas culturais, sociais, económicas,...entre os países europeos, son máis as cousas que nos unen, reflexo dunha historia común e un pasado compartido. Tomaron conciencia de que as loitas, guerras e disputas que se deron no pasado non se poden repetir e deben ser rexeitadas con forza. Unha forma amena e divertida de coñecer Europa, espertaron a curiosidade, as gañas de investigar, de coñecer, e, con seguridade, os nenos e nenas de 6º do Ceip A Ponte, serán uns adultos viaxeiros comprometidos e respetuosos coa diferencia entre países.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma