XORNAL ESCOLAR

Deporte, convivencia e diversión para os nenos en Manzaneda

Esperase un novo éxito nesta cuarta edición do EsquiOU

Nenos e nenas da provincia de Ourense con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos poderán participar nunha nova edición do programa "Esquiou 2018" da Deputación de Ourense. Colabora nesta actividade Oca Nova Manzaneda e ofrece a posibilidade de que os nenos se acheguen á práctica de deportes de inverno e actividades de lecer. Por cuarto ano consecutivo EsquiOU achega así aos máis novos da casa a Manzaneda, un referente de natureza e deporte de montaña en Galicia e no Norte de Portugal.

Agárdase que esta edición de EsquiOU sexa de novo un éxito de participación polo que se ofertan un total de 735 prazas nun completo programa que inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias, durante dúas noites e tres días, de luns a mércores.

O programa divídese en sete quendas de 105 persoas cada unha. Deste modo, as quendas serán organizadas por proximidade xeográfica para facilitar a integración e a convivencia entre os participantes. A primeira queda participará no programa do 22 ao 24 de xaneiro e a última do 5 ao 7 de marzo.
Os interesados en participar no programa poden inscribirse ata o día 15 de xaneiro de 2018 a través do correo electrónico [email protected]. O custe para cada participante será de 29 euros. Para máis información pódese consultar a web da deputación: depourense.es

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma