AULAS ABERTAS

Experiencia educativa no Salón de Plenos

IMG-20180301-WA0024_result
photo_camera Un dos alumnos, moi cómodo co micrófono de Telemiño.

Escolares do Colexio San José coñeceron, de primeira man, o funcionamento e a historia deste espazo do Concello

A concellería de Educación do Concello de Ourense organiza ao longo de todo o curso numerosas actividades educativas e lúdicas destinadas ao alumnado. Coa oferta dun amplo abano de propostas, pretenden, dende a conciliación familiar, a educación ambiental, a formación do profesorado ou que os nenos e nenas coñezan espazos destacados da cidade de As Burgas. Estos programas acadan ata quince propostas ben diferenciadas que se suman a moitras outras que desde esta concellería organizan pensando en todo momento na formación integral do alumnado.

Un dos programas é o denominado “Coñece a túa cidade”, que consiste na organización de visitas guiadas para escolares a centros de interese cidadán (servizos, institucións, empresas ou outros lugares clave); o obxectivo é facilitarlles o coñecemento da súa cidade, como o seu contorno máis próximo. Dentro deste programa inclúese a “Visita ao salón de plenos”.

Nesta actividade participaron hai uns días un grupo de escolares do colexio San José “Josefinas”, que sumarán, xunto a alumnos e alumnas de 5º de Primaria de colexios como Maristas, Salesianso, Santo Ángel ou Divina Pastora... os 757 escolares que participan nesta actividade didáctica, procedentes de 13 centros de ensino.

Durante a visita, que se prolonga durante unha hora, o alumnado é recibido por Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; e pola concelleira de Educación Belén Iglesias, minutos antes de que a xefa de protocolo lles proporcione as explicacións máis relevantes sobre a historia e o funcionamento do Salón.

Ao remate da actividade e tras posar todos xuntos para unha foto de familia, os escolares reciben unha ficha didáctica sobre os contidos previamente explicados. Os escolares de Josefinas xa poden afirmar que coñecen un pouco máis do desenvolvemento dun pleno e das distintas dependencias do Concello de Ourense. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma