XORNAL ESCOLAR

Experiencia inesquecible na tele

San Cibrao das Viñas. 08-01-16. Xornal Escolar. Grabación do programa do Xornal escolar do Luis Vives.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os escolares do colexio Luís Vives.

Os alumnos de 6º acudiron a telemiño, ao programa Xornal Escolar xunto ao seu titor José Antonio Fraga, que respondeu con éxito a todos os enigmas que lle presentaron

Estreábanse nos platós de Telemiño e a experiencia do alumnado de 6º curso e o seu titor José Antonio Fraga foi todo un éxito. Amosáronse encantados de participar no programa Xornal Escolar, onde Daniel, Lara e Iker exerceron de co presentadores, e definiron esta experiencia de "algo novo para nós, temos ganas de repetir xa que o pasamos moi ben e nos gusta saír na tele". Pola súa banda, o profesor convidado tamén se mostrou encantado coa visita onde superou con moito éxito cada unha das probas ás que o someteron os seus alumnos.

Tras o video de presentación do centro, onde se amosaron as múltiples aulas coas que contan no Luis Vives, moitas delas específicas onde levan a cabo numerosas actividades complementarias. Durante o percorrido detivéronse no salón de actos, onde os máis cativos estaban ensaiando para o Festival de Nadal. Posteriormente, acudiron á aula de 3º, onde o alumnado estaba a facer división cun divertido xogo de dominó e fichas. No terceiro andar detivéronse na aula de 6º, así estaban a facer uso das novas tecnoloxías, concretamente de internet, para buscar información sobre o clima, unha actividade en equipo das que tanto lle gusta aos escolares.

Tamén presentaron a gardería que dispón o centro, un espazo de vital importancia para que os pais poidan conciliar a vida laboral e familiar. A biblioteca tamén era parada obrigada xa que para todos os que conforman o Luis Vives é a "Xoia da centro", un espazo renovado o pasado curso, onde contan coa súa propia mascota, Luvi, escollida a concurso por todo o alumnado do centro. Este espazo é, como confirman os propios alumnos, "o lugar ideal para ler e estudiar".

Por último visitaron a aula de inglés, onde atoparon ao auxiliar de conversa co que contan no centro e a aula de música, onde os recibiu a profesora desta materia, Mari Luz.

DE PLENO NO CONCURSO

Trala presentación do centro, comezou o concurso onde someteron a José Antonio a tres probas ben distinguidas: "qué será será", "que acción é, qué faría se fose" e por último "quen é". O profesor respostou a todos os enigmas con éxito. 
Para continuar, os co presentadores someteron ao seu titor a tres bloques de preguntas que respondeu encantado e lles aclarou todas as dúbidas que lle presentaron.

CULTURA XERAL-TRIVIAL

Cal é a capital de Arxentina?

- Bos aires

Cantos océaos hai no mundo?

- 5

Que é o twitter?

- Unha rede social que permite escribir 140 caracteres e á que vós non tiñades que ter acceso xa que para elo hai que ter más de 14 anos (risas).

PREGUNTAS SOBRE O CENTRO

Sobre o centro se formulou o segundo bloque de preguntas xa que se trata dun tema do que aos alumnos lles encanta saber e falar.

Por que non temos cafetería?

- Supoño que porque tendes un espazo para coller bocadillos que é o que precisades e para coller auga temos unha fonte no patio e unha máquina de bebidas. Ademais, creo que as chucherías deberían estar máis reguladas nos colexios.

Cantos anos ten o noso colexio?

Creo que uns 18 anos, non o sei exactamente, pero sí que sei que o colexio xa existía noutra ubicación anteriormente.

Por que se quitou a piscina?

Había unha pequena piscina, pero cando acordamos facer un patio para Infantil, era a única xona que tiñamos e daquela tampouco se lle sacaba moito proveiro á piscina.

PREGUNTAS PERSOAIS

Ten algún alumno preferido?

Non. Todos son favoritos os días que traballan e odiosos cando non queren facer nada.
 
Cales foron os seus mellores anos como profesor?

Todos os anos teñen algo especial. Todos os grupos teñen algo bo e todos algo que non esperabas.

Cal é a asignatura que prefire impartir?

A que máis me gusta é Ciencias Sociais, lingua e matemáticas, en denitiva, as tres que imparto por igual. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma