XORNAL ESCOLAR

Expertos ante as cámaras

photo_camera La imagen del plató de Telemiño con los escolares del Padre Feijóo Zorelle.

Escolares do padre feijoo zorelle visitaron o plató de Telemiño para participar no Xornal Escolar, onde presentaron as múltiples actividades que realizan no colexio e o ben que o pasan facéndoas

En torno a 40 alumnos e alumnas do Colexio Padre Feijoo Zorelle participaron no progama Xornal Escolar de Nadal. Os escolares, de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, xunto á súa mestra Beatriz Temes, compartiron unha estupenda experiencia televisiva no plató de Telemiño.

Comezou o programa coa presentación, mediante un vídeo, dunha das últimas actividades na que participaron, esto é a 4º Semana Escolar da Provincia, unha iniciativa da Deputación Provincial de Ourense coa que os escolares aseguraron aprender moitas cousas interesantes.

Tras as presentacións chegou o turno de adiviñanzas e a profesora convidada respostou con éxito aos tres acertixos aos que a someteron os escolares.

ROUND 1   LER O XORNAL

Tras esta sección chegou o turno do apartado denominado "Ler o xornal", onde o alumnado do Colexio Padre Feijoo Zorelle deixou claro que os xornais son unha ferramenta fundamental no seu día a día. Deste xeito e mediante un vídeo fomos testigos das novas que máis lles chaman a atención do xornal. Destacaron as novas nacionais, de deportes, provincia e, como non, fanse eco da actualidade mediante o humor que cada día achega O Carrabouxo. Os alumnos que estaban entre o público tamén comentaron que len o Xornal Escolar, especialmente cando saen eles e se plasman as múltiples actividades que levan a cabo no colexio.

Minutos despois, recibiron a un convidado moi especial, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, non quixo faltar a este encontro cos mozos do Colexio Padre Feijoo Zorelle, que participaron na actividade que promove a entidade que el preside. Manuel Baltar falou do seu compromiso firme de seguir promovendo actividades para os nenos e mozos ourensáns, especialmente todas estas que serven para que coñezan a provincia de Ourense e os seus encantos, traballen neste ámbito e se sintan orgullosos de onde son, unha provincia cunha potencia tremenda a todos os niveis.

ROUND 2 PREGUNTAS 

Continuando co programa, os tres co presentadores que axudaron a Conchi Pérez a dirixir o programa, Noel González, Adriana Artos e Fabio Bertollino, tiveron a oportunidade de formularlle unha serie de preguntas á súa profesora e así coñecela un pouco máis.

Por que escolleu ser profesora? Por que de bioloxía?

- Sempre me gustou o ensino, dende pequena xa xogaba a selo. Bioloxía foi algo máis casual, pero unha vez que comecei encantoume.

Que destacaría de Ourense?

- Nacín en Ourense e non podo ser moi obxectiva xa que me encanta. Salientaría estes días as luces e o fermosa que está polo Nadal. Da provincia, as vistas espectaculares que hai. Destacaría dun xeito especial a palabra auga, tanto polos ríos e espazos con encanto onde a auga é protagonista, como polo termalismo.

A que adica o tempo libre?

Gústame estar coa familia e os amigos e o meu hobby é bailar. Acudo a clase de baile dende hai anos e gústame moito.
Tras compartir unha estupenda experiencia no plató os escolares do Padre Feijoo Zorelle depedíronse desexándolle a todos os telespectadores de Telemiño un Bo Nadal e dando paso a uns vídeos de panxoliñas gravados por escolares.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma