XORNAL ESCOLAR

Expertos en robótica visitaron Telemiño

Telemiño. 12-06-17. Local. Grabación do programa do Xornal Escolar en Telemiño ao colexio de Salesianos.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Grabación do programa do Xornal Escolar en Telemiño ao colexio de Salesianos.

No Colexio María Auxiliadora están a organizar o Campus Tecnolóxico. Desto e de moitas outras actividades nas que participan cada curso falaron no programa Xornal Escolar

Escolares do colexio María Auxiliadora "Salesianos" participaron no programa Xornal Escolar de Telemiño. Acudiron acompañados polo seu profesor Javier Lozano e deron conta dalgunhas das actividades que están a realizar no centro e, o máis importante do Campus Tecnolóxico Salesianos que comezará a finais de xuño. Para falar desta actividade acudiu ao plató de Telemiño Fernando, a persoa encargada de coordinar esta actividade no colexio, da que asegurou que será do máis divertida e interesante.

Alejandro, Yago e Guillermo foron os tres copresentadores e os encargados de axudar a Conchi Pérez coa presentación do programa.

ADIVIÑAS 

Tras a presentación da artividade de Robótica, Javier Lozano, someteuse a unha serie de probas. A primeira foi unha serie de adiviñas que respostou con éxito coas pistas que os escolares lle proporcionaron.

LA REGIÓN NAS AULAS

No colexio María Auxiliadora "Salesianos" fan habitualmente uso do xornal nas aulas. Trátase de recurrir á prensa para ler as novas, traballar con elas e deste xeito profundizar na comprensión lectora. Os escolares aprenden así dun xeito ameno e moi práctico.

Tras a presentación do vídeo de lectura da prensa, Pablo Jorreto volveu ao programa Xornal Escolar para falar da actividade de robótica, da que é un gran experto, e apoiar a Fernando no Campus Tecnolóxico Salesianos.  

RONDA DE PREGUNTAS

A ronda de preguntas é un dos momentos máis agardados polos escolares, os tres copresentadores prepararon preguntas, tanto para o seu profesor como para a presentadora do Xornal Escolar, Conchi Pérez, á que lle fixeron lembrar por uns minutos a súa anterior etapa na que se adicaba á música.  

Por que no teu tempo libre te decantaches pola gaita?

Javier: Fai xa moitos anos no pobo formouse unha pequena escola de música, de bandas de gaitas e anoteime.

Conchi, por que te decantaches polo timbal?

Conchi: Non era o instrumento que máis me gustaba, prefería a gaita, pero por diversas circunstancias quedeime con este instrumento. Deixeino hai tempo, pero ao mellor volvo a tocalo, quen sabe!

Javier, que crees ti que é o máis interesante da robótica?

É a capacidade que che vai dar a ti de resolver ou plantexarte a resolución dun problema na vida diaria.

AUGA ESCOLA

Na sección AugaEscola esta semana acudimos ao colexio Ruxidoiro onde nenos e nenas recibiron a visita dos biólogos de Aquoloxía, a través de charlas, vídeos educativos e experimentos, participan de forma activa no descubrimento do preciado tesouro que é a auga.

ALTERNATIVA DE OCIO

A alternatica de ocio desta semana é moi completa e apaixonante. A primeira parada do Xornal Escolar foi no Campus de Ourense, onde acudiron para coñecer mellor e de preto como é "Facerse monitor/ monitora de tempo libre", querendo reflectir e destacar o que require a súa labor formativa.

Posteriormente, Conchi Pérez deu conta dunha das actividades máis agardadas do curso, a Gran Festa de Fin de Curso que organiza cada ano o xornal La Región. Será o vindeiro mércores 21 de xuño, no pavillón de Os Remedios. Esta actividade para escolares de 5º e 6º de Primaria contará con múltiples atraccións, rocódromo, inchables acuáticos e xigantes, festa da espuma, discomóvil, entre moitas outras actividades de lecer. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar