XORNAL ESCOLAR

Exposición sobre os segredos da auga

Ourense. 10-10-17. Local. Inauguración carpa de La Caixa sobre a auga no Posío.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Un momento da inauguración da exposición "¡H2Oh!Los secretos del agua de tu ciudad", ubicada no Xardín do Posío.

O Xardín do Posío acolle a mostra organizada por Viaqua e a Obra Social La Caixa, en colaboración co Concello de Ourense

Esta semana o programa Xornal Escolar de Telemiño preséntase repleto de interesantes actividades. Para comezar, a presentadora, Conchi Pérez; e o cámara Manuel, desprazáronse ao CEIP Mestre Vide para ser testigos do VIII Encontro Internacional de Poesía. 

Outro dos momentos salientables do programa será a inauguración da exposición da exposición "¡H20h! Los secretos del agua de tu ciudad", unha mostra que xa se pode visitar desde o pasado mércores e que permanecerá aberta ata o 9 de  novembro.Trátase dunha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso da auga, un recurso moi prezado e á vez moi escaso. Viaqua e a Obra Social La Caixa, coa colaboración do Concello de Ourens organizan esta exposición que é unha invitación á reflexión sobre os grandes desafíos tecnolóxicos, económicos e medioambientes que conleva un xesto aparentemente tan sinxelo como pode ser abrir unha billa e que saia auga potable.

A mostra, estructurada e en tres grandes ámbitos: "Agua, elixir de la vida", "Agua en la ciudad" e "Agua sostenible", está ubicada no Xardín do Posío da cidade e está aberta ao público todos os días da semana.

Latricar

O Xornal Escolar desta semana complétase coas seccións Latricar, Ler a Prensa, LikoTK e a Axenda. Latricar recollerá a un grupo de mozos e mozas do CEIP Mestre Vide que darán a súa opinión sobre a literatura, especialmente da poesía. Hai a quen lle gusta máis e a outros menos, pero casi todos recoñecen á fígura de Rosalía de Castro como clave da poesía galega.

Ler o xornal

A sección "Ler o xornal" desprázase esta semana ao CEIP Mestre Vide, onde un grupo de escolares de 6º de Primaria len La Región e profundizan nos temas que máis lle chama a atención, entre eles os incendios nestas datas e sinalan tamén que están fartos do tema de Cataluña.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?