AULAS ABERTAS

Fabulosos xornalistas

Os estudantes do CEIP Mestre Vide expoñen e debaten temas de actualidade no plató de Telemiño

Fabulosos xornalistas

O CEIP Mestre Vide repite experiencia televisiva pero con caras novas e con moitas cousas que contarnos. O alumnado de 6ºde Primaria do CEIP Mestre Vide de Ourense, acudiron ao plató de Telemiño para participar no primeiro programa da tempada de Xornal Escolar. O mestre que os acompaña é Paco González, repite experiencia televisiva e por segundo ano consecutivo acompaña aos seus alumnos ao plató de Telemiño. Paco González é o mestre de Educación Física e imparte Ciencias Sociais en 5º de Educación Primaria. Eugenia, Bea e Asier axudaron a Conchi Pérez dun xeito fabuloso a dirixir este programa educativo e lúdico de Telemiño. 

ADIVIÑAS 

Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas ao mestre concursante. Con anterioridade foron gravadas no colexio unha serie pistas que o mestre acertou con moito tino.

O máis divertido é o proceso de gravación que se realiza no colexio, unha experiencia fantástica para todos os estudantes.

LA REGIÓN NAS AULAS

Os alumnos len e debaten sobre diferentes temas do periódico La Región.

Moi afecionados a sección de deportes e ao Xornal Escolar. 

Os mércores traballan na aula os contidos de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais que se expoñen no Xornal Escolar.

RONDA DE PREGUNTAS

Os co-presentadores exerceron de fabulosos xornalistas entrevistando ao seu mestre.

É verdade que tes un fillo famoso?

Si, un pouquiño famoso, sólo un pouquiño. Breogan é o protagonista dun video publicitario da campaña de turismo do concello de Ourense para invitar a toda a xente de España que visite Ourense a traves dunha oferta en colaboración con Adif, con Renfe.

Por que elixiches ser mestre de Educación Física?

Porque me gustan os nenos e o deporte. Un xeito interesante de unificalos no mesmo traballo.

Hai algún ano que che gustara máis o teu traballo?

Disfruto todos os días, son feliz traballando con vos. E sobre todo con vos que chegamos xuntos ao cole. Se vos lembrades con tres aniños ibamos a facer psicomotricidade.

Marchades para o institutuo ao rematar este curso e botareivos de menos. 

Un espazo con moitas novidades onde cada semana podemos ver un obradoiro de reciclaxe para despertar o interese pola reciclaxe e as manualidades, obradoiros fáciles e divertidos para facer en familia ou no colexio, nesta ocasión realizaron un adorno de nadal no CPI Jose García García de Mende. 

Tamén nos informan de alternativas de ocio, a Concelleira de Educación, Belén Iglesias expuxo as múltipleas alternativas que organiza o Concello de Ourense para conciliar a vida familiar e laboral.