XORNAL ESCOLAR

Fantástica ruta dominical en tren

OURENSE. 01.03.2015. A FOULA, PQ DOS CARRILEIROS. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Un grupo de asistentes ó Parque.

Moitos ourensáns achegáronse este domingo ó parque ferroviario de Os Carrileiros para desfrutar dunha grande experiencia relacionada co mundo do ferrocarril.

Gozar dunha actividade diferente, ao aire libre e en familia. Esta foi a aposta de moitos ourensáns que se achegaron ao parque ferroviario de Os Carrileiros na mañá do pasado domingo. A experiencia, nova para moitos deles, foi sensacional xa que gozaron das propostas repartidas en máis de 4.000 metros cadrados adicados exclusivamento ao mundo ferroviario. O espazo repártese nun gran circuito, dúas estacións, servicio de venda de billetes, sala de espera e apeadeiro, un espazo perfectamente montado para gozar dunha experiencia única.
Os cativos foron os que máis gozaron desta experiencia montados sobre os trens e segundo as indicacións que lles proporcionaban en todo momento. Ademais, ao longo de todo o recinto pódese ver material histórico relacionado co ferrocarril ourensán.
Por un módico prezo, Ourense conta cun espazo cheo de encanto onde pasar un bo rato de ocio.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar