CONCURSO DE TELEMIÑO

Fantástico equipo

No centro educativo Miraflores as familias participan activamente nos proxectos e actividades que se levan a cabo durante todo o curso escolar

Esta semana os estudantes de 3º e 4º de primaria do colexio Miraflores visitaron o estudio de Telemiño para gravar o programa Xornal Escolar.

Nesta ocasión Pilar Sande foi a mestra concursante deste fabuloso programa educativo que nos acerca aos colexios da provincia de Ourense. Pilar Sande é a xefa de estudos do colexio Miraflores e a titora de 6º de primaria. Imparte varias materias: Social Sciece, visual arts e relixión. 

Os estudantes estaban representados, no estudio de Telemiño, por  Julia Palharini, Joel Crestelo de 3º de primaria e Aitana Martínez de 4º de primaria. Realizaron un estupendo traballo de presentadores xunto con Conchi Pérez, a presentadora deste espazo de moda entre os escolares de Ourense.
 
ADIVIÑAS 

Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas a súa mestra. Con aterioridade recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño, gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. Unha actividade moi divertida para estudantes e docentes.
A xefa de estudos do centro educativo, Pilar Sande, superou con éxito todas as probas .

LA REGIÓN NAS AULAS

Varios alumnos/as len e debaten sobre diferentes temas do periódico, La Región e do suplemento, Xornal Escolar. Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo. 
 

RONDA DE PREGUNTAS
Os estudantes exerceron de fabulosos reporteiros e realizaron tres preguntas a súa mestra:

Por que escolliches o colexio Miraflores?
Gústame moito a forma de ensinar, a forma na que os alumnos participan e o ideario do colexio, contando sempre coas familias. É un centro educativo que sempre intenta que aprendan máis e da mellor maneira. 

Que sintes ao ser xefa de estudos?
Gústame sentirme como un máis, traballamos todos xuntos e sempre nos axudamos.

Cando cres que vai ter lugar un simulacro de incendio?
Cada ano realizamos un simulacro como prevención, o ano pasado foi unha actividade moi divertida. Este ano tamén será sorpresa.

ALTERNATIVA OCIO
O próximo sábado, 29 abril, é o día internacional da danza e visitou por primeira vez ao Xornal Escolar a entidade cultural Queixumes dos Pinos, unha entidade dedicada á música e ao folclore galego. 
Teñen nova sede na rúa Nosa Señora da Sainza nº26 baixo. Realizan unha ampla variedade de actividades: baile galego, canto e pandeireta, gaita, percusión, guitarra, teatro, pintura...
Tamén coñecemos o dinámico grupo Scouts de Ourense que realizan interesantes actividades para contribuir á educación en valores. 
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar