XORNAL ESCOLAR

Felicitación de Nadal a cargo de escolares do Zorelle

photo_camera Alumnos do colexio Padre Feijoo.

Alumnos do colexio Padre Feijoo de Ourense cantarán panxoliñas e felicitarán as festas aos telespectadores de Telemiño

Un ano máis, os escolares do colexio Padre Feijoo Zorelle de Ourense serán os encargados de poñer a voz ás panxoliñas de Nadal que empregará Telemiño para felicitar as festas a todos os telespectadores. Nesta ocasión o tema central desta felicitación é "A música do corazón". 

Hai uns días estivemos no colexio da cidade para ser testemuños dos ensaios e da gravación da voz en off dos temas de Nadal. Os nenos estaban moi ilusionados e esforzáronse moito para que cada tema lles quedara perfecto polo que lle puxeron todo o cariño posible. 

Moi pronto poderedes gozar das panxoliñas e de moitas sorpresas en Telemiño, xa que a gravación non só se fixo nas aulas do Padre Feijoo Zorelle, senón tamén polas rúas da cidade. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar