XORNAL ESCOLAR

Festa e encontro coas mascotas caninas

A gran celebración infantil de Ponte Vella ofreceu xogo, música  e sorpresas para todos os nenos e nenas ourensáns

O Centro Comercial Ponte Vella converteuse nun 
espazo único da diversión.
O Centro Comercial Ponte Vella converteuse nun espazo único da diversión.
Festa e encontro coas mascotas caninas

Son moistas as actividades que se suceden estes días no Centro Comercial Ponte Vella para conmemorar o seu 16º aniversario. Entre todas as propostas organizadas, moitas delas están pensadas especialmente para os máis cativos da casa.

Este foi o caso da recente Gran Festa Infantil que este pasado sábado reuniu a numerosos nenos e nenas. Durante a celebración contaron coa visita das mascotas caninas máis famosas da televisión e tamén compartiron xogos, discoteca cun dj e moitas máis sorpresas coas que os nenos e nenas viviron unha tarde do máis divertida.

As actividades continúan durante todo o mes cunha programación especial de obradoiros.