PHOTOCALL

A festa máis terrorífica do Luis Vives

vives8_result
photo_camera Un intre do baile onde grandes e maiores disfrutaron moito xuntos.

Estes días xa están pensando no que será a seguinte festa, o Magosto, que tamén se vive intensamente neste centro de ensino de A Valenzá.

É unha festa cada vez máis afianzada nos centros educativos e no CPR Luis Vives foi ademais un traballo cooperativo no que participou toda a comunidade educativa. A festa do Samaín, á que moitos prefiren chamala Halloween, encheu de terror cada espazo do centro educativo, xa que para a ocasión organizaron numerosas actividades que se sucederon durante a xornada festiva, cada unha máis terrorífica e divertida que a anterior.

Non faltou o concurso de cabazas e caretas, onde a imaxinación e creatividade de todas as familias quedou plasmada nos fantásticos traballos realizados. Tamén houbo galletas terroríficas en forma de arañas e disfraces, que ambientaron perfectamente esta festa do medo. Para rematar a xornada festiva, houbo un festival no que se sucederon talleres de todo tipo, o túnel do terror, música e moito baile.

A xornada festiva foi un fantástica no Luis Vives, onde participou toda a comunidade educativa, isto é pais, nais, escolares e profesorado, coordinados pola ANPA, que volveron a demostrar que o traballo en equipo sempre é un éxito.

Estes días xa están pensando no que será a seguinte festa, o Magosto, que tamén se vive intensamente neste centro de ensino de A Valenzá.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar