CEIP EMILIA PARDO BAZÁN DE LEIRO

Festa medieval en Leiro

20170320122052930_result
photo_camera Miguel Ángel, Érika, Iago, Lucía, Richard, Lidia, Hugo, Iker, Daniel, Patricia e Diego mostrando as espadas realizadas para os disfraces.

Os estudantes DO CEIP emilia pardo bazán realizaron divertidos talleres de manualidades, exposicións e xogos para conmemorar o Entroido en familia

Esta semana coñecemos un centro pequeno e tranquilo no que se respira un ambiente familiar, o cal permite coñecer todas as características e necesidades de cada estudante e atendelo dun modo individualizado. O Ceip Emilia Pardo Bazán, de Leiro, é un centro dos máis antigos da zona, pero cunhas instalacións que se foron adaptando ós cambios sufridos co paso do tempo. Conta con 4 aulas de titorías ( Educación Infantil, 1º e 2º Educación Primaria, 3º e 4º Educación Primaria e 5º e 6º Educación Primaria), 1 aula de Inglés e Plástica, 1 aula de Música, 1 aula de Relixión, 1 aula de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, 1 aula de Audiovisuais, 1 aula de xogos de Educación Infantil, Biblioteca, Salón de Actos e Cociña. No comedor escolar degustan, a diario, ricos pratos elaborados de xeito tradicional.

Este centro educativo ten un amplo patio distribuido en tres zonas (zona de xogos de Educación Infantil, pista polideportiva, e zona cuberta). As aulas son amplas e moi luminosas e contan cunha gran cantidade de materiais para favorecer o proceso de Ensino-Aprendizaxe, (nas aulas teñen biblioteca e pizarra dixital ou, no seu defecto, ordenador portátil). Dende hai varios cursos, ademais de traballar nos proxectos e actividades que van surxindo ao longo dos meses, o centro participa no programa Xogade (Xornadas de Deporte Escolar) e conta con Seccións Bilingües en Inglés nas áreas de Plástica (toda Educación Primaria) e Ciencias Naturais (5º e 6º Educación Primaria). 

Este curso, para festexar o Entroido, decidiron organizar unha Festa Medieval. 

Co fin de decorar a zona na que se levará a cabo e mostrar diferentes exposicións, os estudantes e docentes participan en varios talleres de manualidades, como se pode ver na reportaxe: as bandeiras e a
construción dun castelo con bricks para ornamentación colaborou  por todo o centro, os dragóns realizáronos os estudantes de 5º e 6º Educación Primaria. Os alumnos/as de Educación Infantil e 1º e 2º Educación Primaria realizaron as espadas e escudos, nos instrumentos musicais 3º e 4º Educación Primaria e por último dicir que na alfarería centráronse  5º e 6º Educación Primaria e non faltaron as tradicionais orellas de entroido coa colaboración de Maite (a cociñeira) e Sonia e Conchita (nais que colaboran no comedor escolar).

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar