XORNAL ESCOLAR

Festa para despedir o curso

20180625132631468_result
photo_camera A Fundación Neuroburgas celebrou a súa festa de fin de curso. Os rapaces e rapazas desfrutaron de xogos, merenda e actividades xunto aos profesionais cos que traballan a diario na Fundación.

O Xornal Escolar despídese así ata o mes de setembro, non sen antes agradecer a vosa participación durante todo o curso no suplemento educativo de La Región

O curso 2017/2018 chega ao seu fin. Numerosas vivenzas, coñecementos, amizades e experiencias compartidas durante máis de nove meses son o resumo dun curso escolar que agora remata para dar paso ás tan agardadas vacacións de verán. Para celebrar estes días tan especiais, os centros de ensino de toda a provincia organizaron festivais, festas ao aire libre, xogos populares, obradoiros e outras moitas propostas lúdicas coas que ademais de desfrutar moito, serviron para despedirse de compañeiros e profesores ata o vindeiro curso.

Nas seguintes páxinas do Xornal Escolar recollemos as mellores instantáneas das que foron as festas escolares máis animadas. O Xornal Escolar despídese así ata o mes de setembro, non sen antes agradecer a vosa participación durante todo o curso no suplemento educativo de La Región. Desexámosvos a todos unhas moi felices vacacións e agardamos contar con vós o vindeiro curso 2018/2019.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma