XORNAL ESCOLAR

Firme compromiso coa educación

Cabeza de Manzaneda. 30/01/18. Actividade da Deputación de Ourense Esquiou para rapaces da provincia na estación de Manzaneda.
Foto: Xesús Fariñas

Son numerosas as iniciativas que presenta a Deputación de Ourense para os nenos e nenas de toda a provincia

A Deputación Provincial de Ourense leva a cabo durante todo o ano un amplo abano de programas dirixidos aos escolares de toda a provincia. Con este tipo de actividades, o que se pretende é favorecer o apoio educativo, social, cultural e de lecer dos nenos e nenas. Aínda que surxen moitas actividades durante o ano nas que se pensa especialmente nos escolares, hai catro programas afianzados que contan cun importante número de participantes. Semana Escolar, Coñece Ourense, Esquiou e Pazolandia conseguen superarse cada edición e son todas actividades moi agardadas cada edición polos nenos e nenas de toda a provincia. 

A Semana Escolar da Deputación e a túa provincia celébrase no mes de novembro e xa conta con cinco edicións. O obxectivo é achegar aos máis cativos un maior coñecemento da provincia ao ámbito educativo, poñendo en valor a identidade e os aspectos máis relevantes do territorio ourensán. 
Coñece Ourense é un programa dixirido aos escolares de ESO e consiste en excursións por cinco rutas culturais: O Carballiño-Ribadavia, Verín, Bande, a Ribeira Sacra ourensá e O Bolo-Manzaneda. Con estas saídas os escolares realizan unha fantástica viaxe pola historia e a cultura de toda a provincia.
Pazolandia, o maior parque de atraccións estacional de Galicia, abre cada ano as súas portas no Pazo dos Deportes "Paco Paz", durante as vacacións de Nadal. Nos 8.000 metros cadrados de instalacións, os nenos gozan de numerosas actividades lúdicas e educativas.

Esquiou é a proposta que se está a desenvolver desde xaneiro e que se prolongará ata o mes marzo. Busca achegar o esquí a nenos e nenas de toda a provincia e complementa este aprendizaxe con outras propostas lúdicas e unhas estupendas xornadas de convivencia entre escolares.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma