OUFF

Fomento da creatividade audiovisual

celebrouse a Gala de Entrega de Premios, no Auditorio Municipal de Ourense, na que participaron centros de ensino de toda Galicia

Foto de familia en el Auditorio.
Foto de familia en el Auditorio.
Fomento da creatividade audiovisual

Impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a súa visión sobre a contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual  e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Estes son os principais obxectivos do Certame de Cinema OUFF Escola que incluiu, na súa novena edición, un amplo programa de actividades.

Por unha banda celebrouse a Gala de Entrega de Premios, no Auditorio Municipal de Ourense, na que participaron centros de ensino de toda Galicia e de fóra dela que teñan no seu curriculum materias en galego e participan con películas no certame. O Teatro Principal acolleu tamén unha das actividades do programa, a proxección do filme de Daniel Guzmán “A cambio de nada”, con charla-coloquio posterior. Esta actividade estivo destinada ao alumnado de Secundaria.  A programación completouse con tres obradoiros: un de dobraxe, un de Lidup (música e cinema na rúa) a cargo dos profesionais de Nenoos Ourense, e o Obradoiro Cineduca, que consistiu en aprendizaxe de dirección, guión, narrativa, linguaxe, cámara, interpretación e produción cinematográfica, para escolares de Primaria.