AULAS ABERTAS

Formación ambiental

OURENSE. 23.11.2016. PARQUE LONIA, SALIDA DEL COLEGIO FRANCISCANAS. FOTO: MIGUEL ANGEL

No CPR Plurilingüe Divina Pastora, Fanciscanas visitan o río Lonia para medir, estudar e analizar os distintos elementos que determinan a calidade das augas

No centro educativo Plurilingüe Divina Pastara, Franciscanas, ofrecen unha educación integral dende o punto de vista individual, social e trascendente que os compromete a potenciar valores de xustiza, esforzo, fraternidade e solidaridade a través de proxectos e programas de innovación.


No esforzo por innovar e encontrar novos camiños para guiar a educación e potenciar ao máximo o desenvolvemento das súas competencias, o centro leva a cabo unha ampla variedades de iniciativas innovadoras. Centrándonos unicamente nos proxectos medioambientais, o colexio Plurilíngüe Divina Pastora implementa varios programas de innovación. 


É preciso que os estudantes comprendan que a saúde do mundo depende de todos. A Terra é o noso planeta, coidala é o noso deber. Para conseguir que os estudantes amen a natureza o mellor camiño é enriquecer as súas vivencias, planificar actividades co obxectivo de ensinarlles a amar o medio ambiente, facilitar o contacto dos estudantes coa natureza, o campo, montañas, ríos e darlles a posibilidade de observar, preguntar e expresar as súas ideas.


Nesta ocasión destacamos o Proxecto Ríos, dende hai oito anos lévase a cabo cos estudantes da E.S.O. e Bacharelato. É unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. 
Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de responsabilizarse da vixilancia (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.


Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en outono e en primavera, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.


Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elabóranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesible na web. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida, de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan. O Colexio Divina Pastora de Ourense escolleu o río Lonia pola súa cercanía.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma