COLE A COLE

CEIP Virxe de Covadonga: formación en valores

rrrr_result
photo_camera Algunos de los alumnos del centro.

No CEIP Virxe de Covadonga traballan nunha línea clara orientada á educación integral do alumnado, onde a convivenza, as habilidades sociais e o fomento da actitude crítica son o propósito cada curso

Os barrios de Covadonga e Eiroás, na zona de O Vinteún, albergan os dous edificios que constitúen o CEIP Virxe de Covadonga, un centro de ensino que se caracteriza especialmente por se un colexio moi dinámico e multicultural.  A educación integral dos nenos e nenas, que inclúe a formación en valores como a colaboración, convivenza, habilidades sociais e fomento da actitude crítica, son as máximas deste centro de ensino ourensán, onde todos os que integran a comunidade educativa traballan arreo por mellorar todo o que os rodea e dun xeito especial tentando cada día forxar mellores persoas.

Cun amplo horario, xa que o centro abre as súas portas cada día ás 7.30 horas coa acollida temperá (actividade coordinada pola ANPA) e pecha ás 20.00 horas, ao remate das actividades extraescolares, as actividades de reforzo e ocio (nas que colaboran o Concello de Ourense, fundacións, etcétera).

PROXECTOS

Actividades de reforzo educativos, de ocio ou de conciliación familiar centran boa parte dos numerosos proxectos nos que está inmerso o CEIP Virxe de Covadonga este curso, algúns deles conta coa cooperación de diferentes entidades externas ao centro. O cento de ensino de Infantil e Primaria tamén traballa de forma conxunta con  organismos para facilitar a inclusión daqueles grupos sociais máis desprotexidos e desfacorecidos. Trátase dunha atención dirixida ao alumnado, principais protagonistas dos proxectos, pero que se extende desde o primeiro minuto ás familias. Neste senso xoga una papel moi importante o Departamento de Orientación do centro, que xestiona as actividades, xunto a entidades externas, e os servizos que se lle prestan ás familias. O profesorado do centro é fundamental en todos os proxectos que se levan a cabo no centro xa que están en contínuo contacto cos profesionais que elaboran as actividades, optimizando así o resultado final.

COMEDOR

Un dos motores do CEIP Virxe de Covadonga é o comedor, lugar de encontro dunha porcentaxe moi alta da comunidade educativa. Dispoñen de cociña propia e unhas instalacións moi axeitadas, que fan as delicias de todos os que alí comen, que son aproximadamente o 60% do alumnado. As cociñeiras, cada día, elaboran con moito cariño e dedicación, menús variados nos que os comensais disfrutan dos mellores produtos cociñados, elaborados seguindo as normas e os protocolos establecidos.

Este espazo do centro é tamén xerador de numerosas actividades, entre elas a elaboración de comidas de diferentes países do mundo, na que os nenos e nenas puideron coñecer alimentos típicos doutras nacionalidades, así como tamén actividades dirixidas aos pais e nais, como unha invitación que se lle ofreceu o curso pasado para que viñeran a comer, e así coñecer o funcionamento do comedor, instalacións, etc…Este curso, o comedor ten preparada algunha que outra sorpresa, aínda que este tipo de actividades soen estar enfocadas para o segundo e terceiro trimestre.

OBRAS DE MELLORA

Outro dos cambios importantes que está a adoptar o centro é o aspecto xeral dos dous edificios que están a cambiar externamente. O edificio de Eiroás foi pintado na súa totalidade, e tamén o cierre, así como o pintado de numerosas zonas do patio con diferentes xogos populares e tradicionais que fan as delicias dos máis cativos. Polo que respecta ao edificio de Covadonga, xa dende o curso pasado  adecentáronse os diferentes terrarios e zonas arboladas,  pintaron no patio xogos para os nenos e nenas adaptados a todas as idades e tamén se decoraron as columnas do patio interior, que dá acceso ao comedor. En canto ao interior do edificio, pintaron todas as aulas, e puxéron persianas novas nunha das súas plantas.

Todo isto, supuxo un desembolso económico moi importante, pero están convencidos de que tamén é necesario para que o colexio sexa un lugar onde se traballe e se estudie no ambiente máis propicio. Durante todo este ano continuarán coas obras de pintado e decoración e reposición nos dous edificios, na medida das nosas posibilidades. Desde este centro educativo ourensán, están moi agradecidos co Concello e coa Xefatura Territorial de Ourense polo traballo e o esforzo que están a facer para levar a cabo unhas melloras que se visibilizan nuns edificios máis atraíntes e unha contorna máis axeitada para vir cada día con ilusión.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?