XORNAL ESCOLAR

Formación integral e integradora

20180416110022796_result
photo_camera Os escolares do CPI Antonio Failde.

O CPI Antonio Failde é un colexio cun espazo natural privilexiado que desenvolve arraigados proxectos medioambientais e promove hábitos de vida saudable con prácticas pedagóxicas innovadoras

Situado nun entorno natural cunha ampla zona verde está o CPI Antonio Faílde, un colexio que destaca, entre moitos outros factores, pola súa boa relación cos diferentes organismo do entorno e en todos os ámbitos coa comunidade educativa, sen absentismo e con baixa conflitividade. A súa andaina remóntase ao ano 1975 e este curso levaron a cabo importantes melloras nas súas instalacións, gracias á implicación da Consellería de Educación, a Xefatura Territorial, o Concello de Coles e todas as persoas que conforman o propio centro. Entre as melloras destaca a ampliación e sinalización do acceso ao centro e a modernización dos espazos co Proxecto de Eficiencia Enerxética nos cinco edificios. Rematar o acondicionamento iniciado do multiusos e aumentar as zonas cubertas son dous aspectos pendentes que se levarán a cabo nun futuro.

Educar por unha formación integral e integradora é unha firme aposta do CPI Antonio Faílde, isto plásmase claramente entre os principais obxectivos do proxecto de centro, procurando en todo momento desenvolver todas as dimensións do alumnado e non só a cognitiva. Isto tradúcese no desenvolvemento de diferentes proxectos que levan aplicando con moi bos resultados, froito do traballo en equipo de profesionais activos e comprometidos. 

Para afrontar os diferentes retos educativos, levan a cabo unha serie de accións como o coidado do xardín botánico, desde onde desenvolven diferentes actividades medio ambientais como: limpeza semanal organizada dos patios, mantemento das zonas verdes, plantación de diferentes especies medicinais, charlas, etcétera.Estas accións requiren implicación e concienciación do coidado do entorno por parte do alumnado e isto é un dos obxectivos que se persegue.

Apostar por estilos de vida saudable, con actuacións diarias en todas as etapas dentro dos ámbitos da nutrición, hixiene e deporte é outro dos retos educativos. Almorzos na acollida temperá, froita no recreo, materia de estilos de vida saudable na ESO ou actividades deportivas do Plan Proxecta son algunhas das accións que se levan a cabo durante todo o curso.

O desenvolvemento de prácticas pedagóxicas innovadoras é posible cun claustro en continua formación, activo e comprometido co deseño marcado. Dispoñen así de aulas conectadas cos medios TICs en todas as etapas, seccións bilingües, traballo por proxectos e experimentación co método ABN co cal se busca unha aprendizaxe significativa e inclusiva. 

A biblioteca é un espazo do centro de vital importancia, considerada como centro de recursos e vertebradora de propostas culturais, científicas, literarias e especialmente solidarias que favorece os proxectos interdisciplinarios e o traballo en equipo do alumnado e do profesorado. 


Conciliación familiar


No CPI Antonio Faílde propoñen uns servizos fundamentais de conciliación familiar. Para elo contan cuns servizos complementarios como é o transporte escolar, con 11 liñas, comedor escolar de xestión directa, servizo de acollida temperá xestionado pola ANPA e biblioteca para pais e nais. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma