Actividades

Franciscanas, primeiro premio Seo/BirdLife no programa #Mesdelosnidos

A súa incansable actividade na xestión sostible dos residuos únese a súa especial sensibilidade co benestar das aves

Aos Ecovixiantes do colexio Divina Pastora de Ourense, un dos centros participantes na presente edición do programa educativo “Recíclate con Sogama”, baixo a coordinación do profesor González Sánchez Busóns, non hai nada que se lles resista. A súa incansable actividade na xestión sostible dos residuos, con accións de recollida de lixo en espazos naturais, no marco no programa nacional Libera, ou ben as súas batidas polas rúas e o Campus Universitario de Ourense, á caza e captura de cabichas que outros arroxan ao chan, únese a súa especial sensibilidade co benestar das aves. Acollelas, coidalas e darlles refuxio constitúe unha das actividades que veñen levando a cabo desde fai tempo e con gran satisfacción.

Así, a súa participación no #MesdelosNidos, convocatoria promovida por SEO/BirdLife, fíxolles merecedores do primeiro premio. Con materiais reutilizados e reciclados, fabricaron as mellores casas para as aves. O seu obxectivo non era unicamente habilitar un fogar, senón elixir o emprazamento axeitado, ademais de tranquilo e seguro, de cara a facilitar a súa reprodución. Con tal fin, os Ecovixiantes percorreron a cidade das Burgas para buscar os lugares idóneos nos que ubicar as súas casas niño, sempre baixo a premisa de averiguar primeiro que especies frecuentan a zona, elixindo entón o modelo máis conveniente.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar