XORNAL ESCOLAR

Gran acollida aos Bolechas

img_9924_result
photo_camera O autobús dos Bolechas na praza Maior.

Na caravana dos Bolechas os asistentes participaron en numerosas actividades como karaoke, taller de debuxo, taller de chapas, cine, ludoteca, aula de informática, xogos interactivos, música e animación.

"Os Bolechas van a Ourense". Baixo esta denominación preséntase a xira que os populares personaxes de animación creados por Pepe Carreiro están a realizar por toda a provincia de Ourense. Recorrerán un total de nove concellos e o farán no seu autobús de dous pisos. Hai uns días así o fixeron na cidade de As Burgas, concretamente na Praza Maior, onde foron recibidos por numerosos nenos e nenas de moi diversas idades. Na caravana dos Bolechas os asistentes participaron en numerosas actividades como karaoke, taller de debuxo, taller de chapas, cine, ludoteca, aula de informática, xogos interactivos, música e animación. Foi unha actividad do máis animada, onde os nenos e nenas que acudiron á cita o pasaron en grande coas múltiples propostas que lles presentaron durante unha intensa xornada de ocio que ademais resultou ser do máis educativa. Deste xeito non deixaron de brincar, xogar e pasaron divertidos momentos practicando con xogos multimedia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?