XORNAL ESCOLAR

Gran desfile para despedir o Entroido

Celanova. 21-02-15. Provincia. Desfile de sábado de Piñata en Celanova.
Mimos Ceip Curros Enriquez
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Desfile de sábado de piñata en Celanova. Foto: Xesús Fariñas

Como é habitual cada ano e para despedir as festas do Entroido, Celanova acolleu a celebración do Sábado de Piñata, o principal acto do Entroido desta vila ourensana

Como é habitual cada ano e para despedir as festas do Entroido, Celanova acolleu a celebración do Sábado de Piñata, o principal acto do Entroido desta vila ourensana. O desfile contou coa presenza de carrozas, charangas e comparsas, moitas delas xa participaron días antes noutros Entroidos das vilas veciñas como foi o caso de Xinzo de Limia, Ourense ou Verín. O máis característico volveron a ser as gárgolas (máscaras típicas da vila) que recorreron xunto a outros moitos personaxes as principais rúas da vila enchedo de colorido cada rincón ao seu paso. O desfile comezou ás cinco da tarde e contou coa participación de preto dun millar de persoas que integraban a comitiva multicolor. No tocante aos espectadores, tamén se sumaban por centos os asitentes a un espectáculo que comezou na zona de Pedra da Moa para finalizar na Praza Maior, onde se fixo entrega dos premios aos mellores disfraces dos nenos. Xa pola noite entregáronse os premios aos adultos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma