PHOTOCALL

Grandes cociñeiros

20170112164305121_result

Xurxemurxe adicase ao ocio e ao tempo libre no eido rural e entre as actividades extraescolares que propón, está Pequecheff

Xurxemurxe adicase ao ocio e ao tempo libre no eido rural e entre as actividades extraescolares que propón, está Pequecheff. Unha actividade culinaria na que a cociña tamén é cousa dos nenos e nenas da casa. Con esta actividade, de gran éxito nos colexios de Ramirás e Cartelle, ademais de poñer aos máis pequenos á fronte da cociña, traballan aspectos como o fomento da alimentación saudable, o coñecemento de produtos locais e de tempada e a hixiene a través da confección e elaboración de diferentes pratos e receitas. 

Sandra e Cristina, educadoras de Xurxemurxe, sorprenden semanalmente aos seus alumnos con saborosas receitas que elaboran con moito esmero. Tamén teñen moi presente os aspectos culturais a través da gastronomía típica doutro lugares e do noso propio. Todo isto sen esquecerse da importancia do traballo en equipo potenciando a autonomía e a confianza nun mesmo.

 Con esta actividade os estudantes do Ceip San Marcos e do Ceip Rogelio García Yáñez fomentan a creatividade xa que os pequenos cociñeiros crean e proban novos sabores a través de xogos e dinámicas lúdicas nas que ademais de aprender e cociñar, divírtense. Ensinar a cociñar é un bo camiño para estimular e potenciar os hábitos alimentarios, na cociña tamén se educa e se aprende.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar