XORNAL ESCOLAR

Grandes comunidadores

10.02.17.OURENSE.PLATO DE TELEMIÑO GRAVACION PROGRAMA XORNAL ESCOLAR COLEXIO SANTO ANGEL.
photo_camera Los escolares del Colexio Plurilingüe Santo Ángel.

Os estudantes do CPR Plurilingüe Santo Ángel mostraron, no estudio de Telemiño, as estupendas cualidades de expresión e comunicación adquiridas na Escola de Teatro

Esta semana os estudantes de Teatro, do Colexio Plurilingüe Santo Ángel, visitaron o estudio de Telemiño para gravar este divertido espazo educativo. A través do teatro mergúllanse nun fantástico mundo e adquiren unha serie de destrezas, habilidades e coñecementos fundamentais para o correcto desenvolvemento cognitivo, emocional e social, como puidemos ver no estudo de Telemiño durante a gravación do programa Xornal Escolar. Na escola potencian o uso da lingua Galega en todas as obras que preparan. O teatro é unha das actividades extraescolares que oferta o CPR Plurilingüe Santo Ángel. 

Andrés Rodríguez foi o mestre que se someteu ás probas e preguntas dos alumnos/as. Os estudantes estaban representados por Nataly Carrillo, Beatriz Fernández e Vega Morgado, que realizaron un fabuloso traballo de presentadoras xunto con Conchi Pérez. 

ADIVIÑAS 
Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas ao profesor de teatro e mestre de educación infantil. Con anterioridade gravaron estes videos no centro educativo, unha actividade moi divertida para os estudantes que recibiron moi ledos ás camaras de Telemiño. Despois de visionar os divertidos videos, Andrés Rodríguez, superou con éxito todas as adiviñas.

RONDA DE PREGUNTAS

As presentadores realizaron unha pregunta cada unha.

Das obras que escribiches cal é a túa preferida?
De todas as obras teño bos recordos, preferidas son todas. Algunhas foron escritas con moito sentimento. As que escribo para vós son as que máis me gustan, se teño que dicir unha sería a do ano pasado: Estrelas no aire.

Cantos anos levas no teatro?
Dende 1995 levo traballando no teatro con rapaces. Espero que a saúde e o corpo aguante moitos máis .

Como se che ocurre facer tantas obras e tan distintas?
En moitas ocasións me fixeron esta pregunta, é a primeira vez que a respondo públicamente. A miña cabeza non para nin durmindo, ás veces de madrugada ocúrreseme algo e levántome a escribir. Outra fonte de expresión é durante os ensaios. Todo é imaxinar e crear.

LA REGIÓN NAS AULAS

Len diferentes temas de actualidade no periódico La Región, unha ferramenta importante nas aulas para estar informados.

ALTERNATIVA OCIO

Susana, de La Región, preséntanos as alternativas educativas e deportivas organizadas por La Región.  Ourense xa é entroido e tamén nos falou das ofertas para lectores e subscritores de La Región. Animádevos a participar no concurso fotográfico do entroido. Todas as novidades, diariamente, en La Región.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?