XORNAL ESCOLAR

Homenaxe aos estudantes

A ANPA A Uceira organizou numerosas actividades festivas nas que participaron preto dun cento de persoas

Os escolares permaneceron moi atentos á contada, que correu a cargo de Miguel Ángel Alonso.
Os escolares permaneceron moi atentos á contada, que correu a cargo de Miguel Ángel Alonso.
Homenaxe aos estudantes

En torno a un cento de persoas, entre nenos e maiores, compartiron unha actividade organizada pola ANPA A Uceira para recordar a importancia que os estudantes tiveron, teñen e terán á hora de cambiar o mundo e convertilo nun lugar mellor. Para conmemorar o Día Internacional dos Estudantes, organizaron múltiples propostas, entre as que non faltou un contacontos, a cargo do docente Miguel Ángel Alonso, autor de varios libros. Tamén houbo un sorteo dun exemplar do último libro de Alonso Diz. Posteriormente, os e as participantes repuxeron forzas cunha deliciosa chocolatada, antes de participar na búsqueda do tesouro, unha actividade que levou aos participantes, vestidos de piratas, a percorrer as rúas de Carballiño na procura do seu botín. A xornada foi magnífica e os asistentes gozaron dunha actividade diferente chea de experiencias.