XORNAL ESCOLAR

El IES 12 Outubro, formando profesionais

20170529203804718_result
photo_camera Los alumnos del IES 12 de Outubro.

Ofertan unha ampla variedade de ensinanzas

O IES 12 de Outubro atópase situado no barrio de A Ponte. Este centro educativo ten unha destacada traxectoria educativa e profesional, leva ensinando e formando estudantes dende hai máis de 50 anos.

A comunidade educativa do IES 12 de Outubro, está formada por un gran equipo, están inmersos en diferentes proxectos para dar resposta a todas as necesidades dos seus estudantes e para favorecer e potenciar a súa formación.

Durante o curso escolar celébranse moitas e variadas actividades extraescolares e complementarias, que fortalecen a súa formación, nas que participan todos dos departamentos didácticos entre os que destacamos aos de Bioloxía e Xeoloxía, Ciencias Sociais, e Lingua Galega: traballan en diversas exposicións e concursos, fan excursións e viaxes didácticas na comunidade autónoma e ao estranxeiro (Oporto, Londres…). Tamén reciben interesantes visitas de escritores producíndose didácticos ambientes de aprendizaxe.

Nesta reportaxe queremos destacar que dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía tratan de concienciar ao alumnado da importancia no respecto ao medio ambiente. Están a traballar en diversos proxectos como son: o reciclado, a denuncia medioambiental da nosa contorna, a participación no cuidado do río Loña e, así mesmo, inician ao alumnado no estudo das nubes e na obtención de datos empregando a caseta meteorolóxica.

En moitas destas actividades participa o Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración con este departamento realizan varias actividades como a visita ao bosque de Ridimoas, ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castreña Lansbrica en San Cibrán de Las, ao Parque Experimental de Sotavento e Rutas pola Ribeira do Sil. Todos os anos celebran o Día da Ciencia en Galego, organizando diferentes actividades e exposicións onde participan activamente todos os departamentos deste fabuloso centro educativo.

Por último, tamén dicir que lles dan moita importancia ao traballo de laboratorio, tendo prácticas regularmente cos distintos grupos da ESO e do Bacharelato. No IES 12 de Outubro, os estudos de ESO e bacharelato comparten espazo e aprendizaxe cos ciclos de grao medio e superior de electricidade, metal e imaxe persoal. Destacar que neste centro educativo ademais da ESO, Bacharelato de Ciencias e de Ciencias Sociais e Humanidades o IES 12 de Outubro oferta unha ampla variedade de ensinanzas: Ciclo medio de estética e beleza, ciclo superior de estética integral e benestar, ciclo medio de perruquería, ciclo medio de intalacións eléctricas e mecánicas, ciclo superior de sistemas electrónicos e automatizados, ciclo medio de mecanizado, ciclo superior de programación da produción.

Para finalizar resaltar que o IES 12 de Outubro participa no Programa Erasmus dentro do cal, no presente curso, os alumnos están completando a súa formación práctica (FCT) dos ciclos en: Finlandia, Portugal, Eslovaquia e Irlanda.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?