XORNAL ESCOLAR

A importancia da práctica do deporte desde nenos

20180604110620468_result
photo_camera A celebración do Día do Deporte no colexio plurilingüe Profesor Albino Núñez será o tema central desta semana do programa Xornal Escolar de Telemiño. Como é habitual, o resto dos contidos terán de unha ou outra maneira relación co tema da s

O programa desta semana falará de actividade física, de solidariedade, do coidado da auga e de espectáculos de danza

A celebración do Día do Deporte no colexio plurilingüe Profesor Albino Núñez será o tema central desta semana do programa Xornal Escolar de Telemiño. Como é habitual, o resto dos contidos terán de unha ou outra maneira relación co tema da semana. Conchi Pérez e o seu equipo volven a sorprender con entrevistas, completos reportaxes, manualidades e interesantes reportaxes.


LATRICAR


A sección Latricar da semana correrá a cargo de Iván Rodríguez, técnico deportivo, que sinalará nunha entrevista a importancia da práctica deportiva desde idades temperás. Diferenciará ben entre actividade física, exercicio e deporte ao tempo que anima a escoller un deporte que nos guste e poñelo en práctica con regularidade.


PRENSA


A sección Prensa recollerá o acto de "apadriñamento" de Marcos Rodríguez Pantoja como "Amigo do CEIP Plurilingüe Albino Núñez", unha idea proposta pola Anpa do centro e secundada pola comunidade educativa, despois de que os escolares coñeceran a Marcos, as súas experiencias e a súa vida a través dun encontro con el. Coa venda dun marcapáxinas, a soamente un euro, procuran facer unha contribución económica para mellorar a situación de Marcos Pantoja,


AUGAESCOLA


Viaqua ofrece esta semana en AugaEscola, unha nova entrega do xogo educativo "Sabías que?". Escolares dos colexios O Ruxidoiro e Manuel Luis Acuña volveron a participar nesta actividade educativa, nesta ocasión respostando á pregunta "El agua del grifo es universal?". Os expertos de Viaqua Santi e Marian foron os encargados de respostar dun xeito técnico pero sinxelo a esta pregunta para aclararlla así a todos os escolares.


ALTERNATIVA DE OCIO


A proposta desta semana recolle o espectáculo Corps Sonore, de Sólodos, Neuf Portes e o Centro Coreográfico Galego e Agadic. Corps Sonore xurde do diálogo dos artistas coa contorna, dando lugar a unha comunicación en múltiples direccións entre a paisaxe, a arquitectura, a música e a danza.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar