COLE A COLE

Inglés con auxiliar de conversa para todos

PA060089_result
photo_camera Imagen exterior del Ceip Castrelo do Val.

No CEIP Castrelo Do Val contan con seccións bilingües e un auxiliar de conversa nativo de Chicago (EEUU)

O CEIP Castrelo do Val sitúase na vila de Castrelo de Val, preto de Verín, dentro da comarca de Monterrei. Este centro educativo inaugurouse no curso académico 1983-1984. No ano 2005 a matricula notou un alarmante descenso pero actualmente o centro está tendo un crecemento considerable e conta con 75 alumnos matriculados.

Dende que abriu as súas portas, o CEIP Castrelo do Val ten cociña propia. Carmen cociña para os alumnos do centro dende hai máis de 30 anos.

Tamén houbo cambios no que se refire á catalogación do centro. No 2005, o centro estaba catalogado con tres unidades: unha de Educación Infantil e dúas de Educación Primaria. Actualmente e debido ao aumento de matrícula destes anos anteriores, o catálogo do centro duplicouse, esto é seis unidades: dúas de Educación Infantil e catro de Educación Primaria. Este aumento, supuxo tamén o incremento da plantilla docente pasando de 4 mestres a 12 mestres que hai hoxe.

Cales son as directrices nas que traballa a dirección do centro?

Traballamos para intentar manter a matrícula, algo que non é sinxelo ao tratarse dun centro do rural. Intentamos integrar as novas tecnoloxías no día a día, por iso trataremos de contar cunha Pizarra Dixital Interactiva en cada aula para apoiar a labor docente. Ademais a aula de informática e as tablets coas que contamos no centro intentan que o proceso de aprendizaxe sexa o máis efectivo posible. Iso sí, sen esquecernos da lectura de libros en papel e de xogos tradicionais. Debemos aproveitar o mellor de cada recurso. 

Cales son as novidades de este curso escolar?

Este curso continuamos coas sección bilingües comezadas o ano pasado e, como novidade, contamos dous días á semana cun auxiliar de conversa, nativo de Chicago (EEUU).

¿Con que instalación conta o CEIP de Castrelo?

Contamos con dúas aulas de Infantil, catro de Primaria, Aula de Inglés, Aula de Música, Aula de AL e PT e, por suposto, a Biblioteca na que está tamén integrada a parte informática.

O CEIP Castrelo do Val é un colexio moi dinámico, en que concursos participan os alumnos?

Como todos os anos participaremos nas actividades de deporte escolar (campo a través) e no desfile de Entroido, ademais dos concursos que imos considerando interesantes ao longo do curso.

Forman parte do Plambe que cambios supón para o alumnado, e para o profesorado, estar no plan de melloras de bibliotecas escolares?

Non houbo grandes cambios no que respecta ao profesorado e ao modo no que traballabamos antes na biblioteca xa que se facía moi ben. Quizáis a diferenza é que agora temos unha biblioteca con mellores condicións e uns títulos máis actualizados, grazas ao Plambe. Foi un bo impulso para a mesma.

Que actividades se levarán a cabo proximamente na biblioteca do centro?

Organizamos contacontos, tanto os que nos veñen a contar como os que os propios nenos preparan para contarlles aos seus compañeiros e compañeiras. Tamén comezamos hai uns anos coa hora de ler, que consiste en que ao chegar á escola, de 9:30 a 9:50 todos os nenos e nenas do colexio, ou están lendo ou lles están contando un conto, no caso dos máis pequenos. 

Que actividades extrescolares se levan a cabo?

Como actividades complementarias realizamos varias saídas na comarca e a Ourense no caso das actividades de teatro e actuacións musicais. Por outra banda están as actividades extraescolares que oferta a AMPA do centro, que son informática, baile, pintura, inglés, e unha nova que consiste en desenvolver a intelixencia a partir do ábaco, xogos, étcétera.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA         DIRECTOR, VÍCTOR PÉREZ

O director do Ceip Castrelo do Val leva seis anos no centro, este é o primeiro ano que compaxina a labor docente coa de director do centro escolar  É o titor de 6º de Educación Primaria, imparte Matemáticas, Lengua, Lingua, Valores e Naturais.

bettycastrelo_resultMESTRA EDUCACIÓN INFANTIL, ELISABETH DE DIOS GONZÁLEZ

Betty, como a coñecen no colexio, é a titora dos alumnos de tres e catro anos e a responsable do comedor escolar do centro educativo de Castrelo do Val.

silviacastrelo_resultMESTRA DE EDUCACIÓN PRIMARIA, SILVIA RODRÍGUEZ PEÑA

Silvia é a titora do alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria tarefa que comparte coa responsabilidade da biblioteca do centro educativo.

angelescastrelo_resultMESTRA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA, Mª ÁNGELES VICENTE GAGO

Encárgase das actividades extraescolares que se realizan no Ceip Castrelo do Val. É a mestra que se axuda aos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

beacastrelo_resultMESTRA DE INGLÉS, BEATRIZ RIVERO GUERRA

Forma parte do equipo directivo levando a cabo as tarefas de secretaría. Tamén é a responsable das seccións bilingües en primaria impartindo plástica.

montsecastrelo_resultMESTRA EDUCACIÓN PRIMARIA, MARÍA MONTSERRAT MARTÍN NIETO

Montse leva tres anos no centro educativo de Castrelo do Val. É a titora dos alumnos de 5º de primaria.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma