OCIO

Intenso verán de aprendizaxe e diversión, en Amencer

amencer2_result
photo_camera Nenos/as e mozos/as participaron nas actividades organizadas este verán pola Asociación Xuvenil Amencer.

Durante tres semanas os nenos/as aprenderon a gozar do lecer dunha maneira sa e divertida

O número de participantes que pasaron por Amencer neste verán foi de 1.592, entre nenos/as e voluntarios/as. O verán de Amencer comezou en xuño co proxecto educativo Mañás de Verán. Durante tres semanas os nenos/as aprenderon a gozar do lecer dunha maneira sa e divertida. Realizaron misións imposibles, rastrexos, obradoiros e xincanas de xogos que lles permitían relacionarse con mozos/as da súa mesma idade fóra do eido formal como pode ser a escola. Xa en xullo, e nas instalacións da UVigo, realizouse o campamento de Mañás Lúdico-deportivas. A través deste proxecto deron a coñecer aos máis cativos/as a importancia dos valores do deporte. Competitividade sa, compañeirismo e superación son algúns dos valores que trataron de poñer en alza. Á par con Mañás Lúdico-deportivas, tiveron os campamento do IEF. En Amencer apostan pola educación en valores e nunha conciencia de responsabilidade social. Por iso, moitos mozos/as da asociación, xunto a participantes de toda Galicia, Asturias e Castela León, celebraron neste verán campamentos en Cambados, Allariz e Foz, onde profundaron a través do xogo na idea dun mundo máis xusto e humano.

E por último, o proxecto máis soado na cidade e que nos enche de orgullo e ilusión, o Campamento Urbano. Nesta edición contou con máis de 780 rapaces e rapazas e 150 persoas voluntarias. Trátase dun campamento aberto, libre, urbano e gratuíto cunha clara vertente integradora. Mozos/as de diferente procedencia, que por diversos motivos, non gozan da oportunidade de acudir a un campamento, puideron vivir a experiencia de estar nun.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?