visita

Interpretación de lendas

img_8189_result
photo_camera Foto grupal

Escolares de San Amaro presentaron unha montaxe de O Ciprianillo na actividade que compartiron cos maiores do Fogar Residencial

A cuarta e última actividade das III Xornadas de Dinamización do Medio Rural- Novembro Interxeneracional, levou aos escolares e aos maiores de San Amaro ao Castro de San Cibrao de Lás. Para esta ocasión, os nenos e nenas prepararon unha montaxe sobre O Ciprianillo, un libro máxico que describe distintos procedementos para atopar os tesouros que os mouros agocharon en covas, castelos e castros. Resultou ser unha actividade apaixonante da que os maiores non perderon detalle. 

Ademais das interpretacións, aproveitaron a visita a este espazo para coñecer o museo e o castro e para ser testemuñas dun fantástico espectáculo que lles presentou o persoal do Castro de San Cibrao de Lás, concretamente J. Carrasco, ao que tiveron a oportunidade de formularlle todo tipo de preguntas sobre a historia deste espazo cheo de encanto e de lendas. Ao remate da actividade, nenos e maiores partiron encantados coa experiencia que acababan de compartir e co proxecto no que participan cada ano polo mes de novembro que permite que estas dúas xeracións compartan actividades coas que todos sacan moitas cousas positivas.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar