Ioga para nenos na Biblioteca Pública de Ourense

Xosé Carlos Caramés foi o encargado de achegar a disciplina ao público máis novo nunha amena sesión

Cada semana a Biblioteca Pública de Ourense sorprende con actividades para todos os públicos. Son tamén aos máis cativos da casa os destinatarios de obradoiros e actividades do máis atractivas. Estes días a proposta foi unha sesión de ioga para o público infantil que resultou ser todo un éxito.

O encargada de impartir esta actividade foi o voluntario Xosé Carlos Caramés que se encargou de dar a coñecer dun xeito lúdico esta disciplica coa que se potencia, entre outras cousas, a memoria e a concertración, ademais de fortalecer o caracter e mellorar o rendemento en xeral.

Nesta ocasión, os destinatarios da actividade foron nenos e nenas a partir de 7 años. Eran unha ducia de escolares e compartiron durante preto dunha hora unha actividade coa que se mostraron encantados. Finalizaron relaxados e aseguraron habelo pasado moi ben e sentirse cheos de enerxía.
O éxito da primeira sesión augura continuidade a esta actividade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar